Un ano máis celebramos con vós o Día Internacional do Comercio Xusto. Este ano rodeadas de produtoras e artesáns locais nun auténtico Mercado Popular, que encheu de colorido e sabor local o fondo da Praza Maior de Lugo.
Lembrádevos que este xoves, día 10, ás 20.00h, proxectarase, no local da Cova da Terra, o documental “The Shock Doctrine” (A Doutrina do Shock) dentro do ciclo de cineforum que A Cova, Mádia Leva e a CIG levan desenvolvendo dende o pasado mes de marzo, e enmarcado nas actividades que estamos a desenvolver ao redor do Día Internacional do Comercio Xusto.
Onte tivemos con nós, na Cova, a Gonzalo Gesto, membro de Fiare Galiza, que nos explicou as diferencias entre a banca convencional e a banca ética, e nos falou do Proxecto Fiare. O noso agradecemento e os nosos parabens a Gonzalo polo seu compromiso.
Para os que non puidestes asistir, tedes información na web de Fiare e no blog de Fiare Galiza.