Taboleiro
|

Convidámosvos a participar no Mercado Popular que se vai celebrar o vindeiro día 12 de maio, na Praza Maior de Lugo a partires das 11 h. A idea deste é a construción colectiva dun espazo de intercambio dentro dun comercio alternativo: con prezos xustos, sen intermediarios e baixo unha produción e consumos responsables. Queremos que o día 12 a economía real, a de sempre, a non especulativa nin abusiva, saia á rúa, propoñendo a produtores e consumidores outro xeito de intercambio.
Haberá postos de venda de Comercio Xusto, de produtores locais, de artesáns, de degustación, mercado de troco, posto de información sobre Banca Ética e os de tod@s aqueles que queiran achegarse á praza vender o que fan, o que teñen e non usan ou simplemente os que precisan desfacerse dos seus bens.
Este é un chamamento a tod@s vós: non importa a idade, nin o que queirades vender, a idea é que saiades á rúa coa intención de facer da economía algo respectable, próximo e bo. Só existe o requisito de que cada quen se responsabiliza do seu posto (soporte no que se expoña o que queira vender). Todo o demais farémolo entre as persoas, porque a economía de verdade é iso, un intercambio xusto de bens ou servizos.
Haberá tamén mercado de troco para os que prefiran este xeito de intercambio.
Ademais da feira do día 12, están previstas outras dúas actividades nesa semana:
· O día 8 ás 20.00 no local da Cova da Terra haberá unha charla informativa impartida por FIARE: “É posible unha Banca Ética? Si”.
· O día 10 ás 20.00 proxectarase a película documental “The Shock Doctrine” (A Doutrina do Shock) dentro do ciclo de cineforum que A Cova, Mádia Leva e a CIG levan desenvolvendo dende o pasado mes de marzo.
2. Cambia a data do Clube de Lectura
Avisámosvos de que o vindeiro Clube de Lectura que estaba previsto para o 29 de maio, vese aprazado ata o 5 de xuño.
Todo é silencio, de Manuel Rivas, será o libro a debater. Contaremos coa presenza de Dalila Dopazo Blanco (Maxistrada en Lugo e membro de Xuíces pola Democracia) e realizarase na libraría Trama (Avda. Coruña, 21) ás 20h.
Hoxe, 30 de abril de Navarra (Gumendi) teremos: aguacate, allo, plátano, alcachofa, apio, brécol, cabaciño, espárrago verde, xenxibre, xudía, leituga, pemento vermello, pemento verde, seta shiitake e tomate.
¨ Salva la Selva pide a nosa sinatura para que o presidente do Goberno Español se preocupe máis do impacto ecolóxico e social que supoñen as petroleiras e se deixe de liortas diplomáticas con Arxentina. Máis.
¨ Avaaz tamén ten aberta unha campaña de recolleita de sinaturas para que a xigante transnacional Bayer deixe de fabricar os pesticidas que están acabando coas abellas. Aquí.
| Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: asociacion@covadaterra.org Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |