Taboleiro
|
1. Cineforum
Este xoves ás 20h tes unha cita co cine comprometido e alternativo no local da Cova. O día 13 proxectaremos “Stop! Rodando o cambio”, o primeiro documental español sobre DECRECEMENTO e sistemas de vida alternativos... interesante e necesario! Agardámosvos!
2. O recuncho do asociad@
- Miguel pídenos que nos sumemos a esta petición para esixir responsabilidades ás entidades financeiras. Asinas?
- Sara lémbranos que cada luns de 10-14h no local de ADEGA-Lugo (Ronda das Fontiñas 180 Ent.) recóllese roupa e calzado usado para reutilización e reciclaxe, en colaboración coa ONG Equus Zebra
- Ana achega este interesante enlace BioBiblioteca en PDF Ebooks sobre hortas, calendarios, permacultura...
- E ti, queres unha camiseta reivindicativa na que amoses que non estás de acordo coa LOMCE? Pois a CIG-ensino ofrécechas a bo prezo. Ver.
3. Novas da tenda
* Ofertas
Para esta semana temos en oferta (20% dto) os seguintes produtos (ata finalizar stock):
- Marmelada frambuesa Cal Valls
- Sobrasada ó peso Biobardales
- Sobrasada en medallóns Biobardales
- Pan pita Natursoy
- Zume piña Beutelsbacher
- Bacon taco ó peso Biobardales
- Preparado fabada Biobardales
- Refresco sabugueiro Bionade
- Tallarín espinaca Castagno
* Varios
- O martes día 11, voltan, como cada 15 días, as delicias do Sequeiro da Portela... e desta volta traen, ademais de pan, fariña e madalenas de chocolate e brandy... bolachas e madalenas sen chocolate! Dende aquí arrecende a castaña...
- Tamén, cada 15 días, chegan os frescos de Cantero del Letur
- Semanalmente os pans de Bioandelos
- Os luns o pan de Divina
- Cada día, pan O Agro
Lembra que tamén tes a tenda en liña, por se non podes achegarte ao local http://covadaterra.org
* Produto fresco
CHEGADA A TENDA |
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
A PARTIRES DO LUNS |
Aguacate "Forte" |
Valencia |
|
Arando (caixa 125gr) |
Andalucia |
|
Ameixa |
Murcia |
|
Melón Pen de sapo |
Murcia |
|
Laranxa zume |
Valencia |
|
Piña |
Costa Marfil |
|
Plátano |
Canarias |
|
Pomelo |
Valencia |
|
Allo Morado |
Navarra |
|
Alcachofa |
Murcia |
|
Apio |
Murcia |
|
Cabaza Poti |
Andalucia |
|
Cebola |
Castela-León |
|
Ceboleta (manoxo) |
Zaragoza |
|
Seta Shiitake |
La Rioja |
|
Pepino |
Andalucia |
|
Cenoria |
Andalucia |
|
Espárrago verde (kg) |
Palas de Rei |
|
Berenxena |
Andalucia |
|
Brécol |
Zaragoza |
|
Cabaciño |
Murcia |
|
xudía |
Murcia |
|
Leituga Batavia |
Navarra |
|
Leituga Folla de Roble |
Zaragoza |
|
Pemento vermello |
Murcia |
|
Pemento morrón verde |
Murcia |
|
Pataca nova Spunta |
Murcia |
|
Champiñón |
La Rioja |
|
Tomate Raff |
Murcia |
|
Tomate pola |
Andalucia |
|
Tomate ensalada |
Andalucia |
|
Albaricoque |
Andalucia |
|
Xenxibre |
China |
|
|
|
A PARTIRES DO MARTES |
Acelga |
Valdoviño |
|
Coliflor |
Valdoviño |
|
Chícharo |
Valdoviño |
|
Lombarda |
Valdoviño |
4. Kandaharia
- Guía práctica: FOLGA AO CAPITALISMO.
- Vídeo resumo da intervención de Carlos Taibo no II Foro Galego da Débeda. Ver
- América Latina e as inversións extranxeiras. Artigo de Sodepaz.
- 17 interesantes minutos sobre INDITEX. Escoitar
5. Actividades en Lugo
- 22 de xuño o GDR Terras de Lugo e a Asociación Galega de Custodia do Territorio organizan un encontro sobre produción local e proxectos sustentables. A Cova da Terra presentará o proxecto De Aquí, Xusto e Ecolóxico: O rural como motor de cambio. Pola mañá, haberá feira. Será en Rábade, todo o día.
- Actividades mes de xuño da S.C Madia Leva. Bótalles un ollo!
- Manifestación domingo 23 de xuño en Sarria contra as touradas. Convoca Plataforma Sarria Libre de Touradas.
- FIADEIRAS organiza Somos de fiar. Programa de formación e sensibilización en xénero. Será o 21 de xuño en Monforte de Lemos.
- SEAE organiza o II Simposio: Agroecoloxía e gobernanza da auga. Lugo, 5 – 7 xuño 2013. Inscricións aquí.
6. Actividades fóra de Lugo
- 11 de xuño, as 20h30 no centro social Lume! (Vigo), NÓS-UP presenta o Programa Tático para a Rebeliom Popular (PTRP). Saber máis.
- 22 e 23 de xuño A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria, Movemento Cidadán "O noso barrio", Rueiro e Dorna organizan a Festa de A Bouza 2013.
7. Feiras
- III Feira Eira da Xoana o domingo 9 de xuño en Agolada (Pontevedra). Participa A Cova da Terra
- Mercado de Alimento Labrego de Teo nos Tilos. Sábado 8 de xuño, a partires das 11:00 h da mañá. (Teo – Santiago de Compostela)
- Mercado Ecolóxico de Quilmas (Carnota – A Coruña) o 23 de xuño
8. Cursos
- Curso: Identificación e usos das plantas medicinais máis habituais da contorna, 15 e 16 de xuño na Casa Pousadoira (Callobre - Miño). Máis información.
- Curso: Introducción á permacultura, agricultura ecolóxica e bioconstrucción, 8 e 9 de xuño, 22 e 23 de xuño na Casa Pousadoira (Callobre - Miño). Saber máis.
- Obradoiro "Sistematización: Unha metodoloxía para aprender das nosas prácticas e para cambiar o (noso) mundo" en Santiago de Compostela. Aquí o programa do curso.
- Obradoiro de Cooperación ao Desenvolvemento organizado po Panxea. Máis información.
- Intered Galicia organiza o curso intensivo: “ENFOQUE EDUCATIVO INTEGRAL DE MASCULINIDADES.Plan de Formación para docentes e estudantes”, que terá lugar na USC. Campus Vida Facultade de Ciencias da Educación, os días 11 e 12 de xuño 2013. As inscricións poden realizarse en INTERED Galicia (Praza do Matadoiro, 7 – Baixo, 15703 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 58 79 66, E-mail: [email protected]) o no Despacho 55, módulo B, 2º PLANTA, Fac. Cc. da Educación, Campus Vida ([email protected]).
- 8 de xuño, o CEIDA organiza a segunda edición do Obradoiro de Iniciación á Fotografía, Prácticas no Medio Natural, dentro do marco do III Congreso Natureza e Imaxe. A actividade terá lugar no Centro Cívico Cultural de Arteixo e estará impartida polo fotógrafo da natureza Fran Nieto. Máis información e inscricións
- 14 e 15 de xuño terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) o I Curso do Instituto Jane Goodall de Primatoloxía: Bioloxía, Etoloxía e Conservación, organizado polo CEIDA e o Instituto Jane Goodall, e impartido por Federico Bogdanowic e Laia Dotras, expertos primatólogos con experiencia en África. Máis información e inscricións
- 22 e 23 de xuño na Estruga. Espazo agroecolóxico (Viveiro) impartirase un cursiño sobre recoñecemento de plantas medicinais. Preme para saber máis.
9. Apoios
- Basta de políticos xiratorios! Campaña Avaaz. Asina
- Camboya. O bosque de cardamomo non debe desaparecer. Campaña de Salva la Selva. Apoia
- A policía brasileira dispara aos indíxenas. Campaña de Survival. Acción urxente
- SI ao plan de protección do Urso (Oso Pardo) en Galicia. Change.org. Asinas?
- Freemos a matanza de baleas. Asina!
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |