Taboleiro
|
1. Obradoiros: De aquí, xusto e ecolóxico.
A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, presentan o proxecto: De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio
Obxectivo do obradoiro: Achegar as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural partindo de conceptos clave como son: a agroecoloxía, a sustentabilidade económica, social e medioambiental, a cooperación e a soberanía alimentaria.
Un total de 9 obradoiros de sensibilización e formación en diferentes concellos* das catro provincias galegas a través dos que achegar á mocidade as oportunidades éticas e socialmente responsables de emprendemento económico que ofrece o noso rural.
A semana pasada celebramos o primeiro obradoiro e foi todo un éxito de participación e ideas! Non deixes escapar a oportunidade de asistir ao segundo que se celebrará os días 16 e 17 de xullo en Chantada.
Contidos obradoiro Chantada:
Día 1
Día 2
Os obradoiros desenvolveranse nos meses de xuño, xullo, setembro e outubro:
Duración: 10 horas
Datas (segundo): martes 16 e mércores 17 de xullo
Hora: 16.00 a 21.00 h
Lugar: R/ Emila Pardo Bazán, nº 11 baixo (Chantada – Lugo)
Nº prazas: 20
Inscricións en: [email protected]. Indicando: Nome, apelidos, idade, teléfono, enderezo, nivel de estudos e profesión. Dado que o obradoiro é de balde as prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
Mantente informado/a de todo no bolg ou no facebook.
* Vilalba, Chantada, Redondela, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Verín, Ribadeo, Zas e Vilagarcía de Arousa.
2. O recuncho do asociad@
- Almudena tivo a sorte de coñecer en primeira persoa ao autor desta iniciativa para mellorar o consumo e achéganos o enlace para facernos partícipes.
- Carmen convídate a asistir á exposición colectiva "Autómatas do consumo", que se inaugura o 5 de Xullo en Santiago de Compostela ás 20:30h na galería El Taller na R/Rosalía de Castro, nº 34.
- Miguel mándanos este artigo de Xavier Vence... Á espera dos bárbaros. Ler
- Vídeo Stop á Lei Wert. Ver
3. Novas da tenda
Para esta semana imos ter en oferta (20% dto) os seguintes produtos (ata finalizar stock):
- Pans do Agro variados
- Sarxa especie Milhulloa
- Marmelada 100% pexego ékolo
- Arandos en almíbar ékolo
- Marmelada de arando vermello ékolo
Lembrade que ata setembro non imos ter reparto a domicilio do produto nin empanadas e biscoitos caseiros.
01/07/2013 | ||
CHEGADA A TENDA | PRODUTO | PROCEDENCIA |
LUNS E MARTES | Plátano | Canarias |
Limón | Galicia | |
Aguacate Hass | Andalucia | |
Apio | Murcia | |
Brécol | Galicia | |
Cabaciño | Galicia | |
Repolo | Galicia | |
Leituga Folla de Roble | Zaragoza | |
Leituga Batavia | Zaragoza | |
Allo Morado | Navarra | |
Seta Shiitake | La Rioja | |
Porro | Andalucia | |
Pemento morrón verde | Navarra | |
Pemento fritir | Andalucia | |
Tomate ensalada | Andalucia | |
Tomate pola | Andalucia | |
Remolacha | Zaragoza | |
Cenoria | España | |
Acelga | Zaragoza | |
Berenxena | Andalucia | |
Cabaza cacahuete | Murcia | |
Ceboleta manoxo | Zaragoza | |
Ceboleta semiseca | Navarra | |
Pataca | Murcia | |
Col Rizada | Zaragoza | |
Xenxibre | China | |
Xudia | Zaragoza | |
Pepino | Zaragoza | |
Pera ercolini | Andalucia | |
Albaricoque | Andalucia | |
Ameixa vermella | Andalucia | |
Pexego Vermello | Zaragoza | |
Nectarina | Murcia | |
Paraguaio | Zaragoza | |
Melón pel de sapo | Murcia | |
Sandia Mini | Murcia | |
Cereixa | O Bierzo |
4. Kandaharia
- Un modelo rural que afoga ao campo. Artigo de Diagonal.
- Comer ou non comer. Quen decide? Artigo extraído de EcoAgricultor.
- Reparto do traballo. Unha proposta decrecentista. Artigo de Gara.
5. Actividades en Lugo
- Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación de Lugo, onde destacamos os martes de cine social. Ver programa completo.
- Cultura do País organiza o “Cultura Express... tres horas de cultura concentrada” o xoves 4 de xullo ás 18.30h por diferentes lugares da cidade. Saber máis.
- Actividades de Verán da A.C Mádia Leva. Programa
6. Feiras
- Mercado da Terra o sábado día 6 de xullo de 10h a 14.30h na Praza de Abastos de Lugo (R/Quiroga Ballesteros – Lugo).
7. Cursos
- Do 15 ao 17 de xullo. Planificación para o desenvolvemento de sistemas alimentarios locais e agricultura urbana. Organiza o Masterterra da USC. Programa aquí.
- III Simposio de Compostaxe. “Agroecoloxía, cambio climático e ecoloxización da PAC”. 23 e 24 de xullo na Casa do Saber (Praza de Pío XII, nº 5). Ver programa
- Curso de verán "Espazos Naturais, desenvolvemento rural e participación social" na Reserva da Biosfera dos Ancares Leoneses do 8 ao 11 de xullo. Información aquí.
- Como traballamos os dereitos humanos na cooperación ao desenvolvemento? Metodoloxías de integración do 1 ao 28 de xullo a través da plataforma virtual www.aulaidhc.org.
- Relación de cursos de verán da USC. Preme aquí para saber máis.
8. Apoios
- PAREMOS AS FUMIGACIÓNS TÓXICAS NAS VÍAS E ESTRADAS. Promove ADEGA
- Protexe a costa. Campaña de Avaaz
- “Biocombustibles”: UE destrúe 700.000 ha de selvas. Asina pola enerxía verde. Promove Salva la Selva
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |