Taboleiro
|
1. Inauguración sonora. Exposición multidisciplinar e colectiva
Este xoves, día 19 de outubro, temos inauguración sonora ás 20:30hrs... correde a voz e non vos esquezades de pasar... é de balde!!
2. Obradoiros: De aquí, xusto e ecolóxico.
Os obradoiros seguen colleitando éxito de participación e seguimos percorrendo o país con eles.
No que queda de setembro estamos en Verín o 18 e 19 e en Ribadeo o 26 e 27... quedan moi poucas prazas libres, inscríbete canto antes. En outubro, e xa finalizando a aventura formativa, estaremos en Baio e Rianxo.
Inscricións:
|
|
|
|
|
Mantente informado/a de todo no bolg ou no facebook.
3. Galiza Arde
A Cova da Terra solidarízase e fai público o seu apoio á Asociación Monte Pindo Parque Natural, asinando simbólicamente o comunicado que emitiu a súa Xunta Reitora o pasado xoves, 12 de setembro (podedes lelo aquí).
Así mesmo, queremos enviar palabras de ánimo á compañeira e amiga Cooperativa Raínha Lupa (que nos fornece de produto ecolóxico galego) e facer público un artigo que a tamén amiga, Curra (Adela Figueroa Panisse), asina e compartimos na nosa páxina web. “Galiza arde”
4. O recuncho do asociad@
- Eliseo infórmanos que a Asociación de enfermos crónicos comezará coa terapia de grupo o día 17 de setembro no C.S Maria Balteira. De 17,30 a 19,30h.
- Marta mándanos esta alegre nova: “Un pastor de Jumilla tumba un campo de golf e unha urbanización de 15.000 chalés”
- Achégate o sábado 21 a Ourense xa que desde as 10 am celébrase a I Foliada da Bicicleta. Máis información no facebook de A Bela Auria.
5. Kandaharia
- Roupa usada, entre o mercado e a solidariedade. Ler
- Stop ao Expolio dos Bens Comunais (documental). Ver
- Do Big Mac á hamburguesa de Frankenstein. Ler
6. Actividades en Lugo
- XXVII Xornadas Penitenciarias Lucenses que organiza a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal. “Corrupción e delitos económicos, respostas legais e sociais". A celebrar no salón de actos da Deputación Provincial (rúa San Marcos s/n) os días 17 e 18 a partires das 18h. Son de balde previa inscrición. Para saber máis Telf./Fax 982 25 00 03 asociacionconcepcionarenal.org
- A asociación de Rioplatenses organiza xunto con Aupaterapia un obradoiro de pintura creativa, orientado a adolescentes inmigrantes. Será na rúa Monte Faro 2 o martes 24 de setembro de 17 a 19 hs. De balde. Máis información e formulario de inscrición en http://identidaddospuntocero.blogspot.com.es/
- O xoves día 26 a masa crítica percorrerá as rúas de Lugo. Sáese, coma sempre, de diante do Concello ás 20.15-20.30 horas. Ciclousuari@s de todas as cores e pelaxes, enbiciade a vosa vida e o voso espazo!!!
- VII Encontro de debate sobre o medio rural: "cultura e sociedade”, na Granxa Barreiros (Sarria) os días 27 e 28 de setembro. Saber máis.
7. Actividades fóra de Lugo
- A Asociación Monte Pindo Parque Natural convoca un ROTEIRO REIVINDICATIVO de subida ao Monte Pindo o sábado día 28 de setembro con saída simultánea ás 11h desde a Praza da Solaina (O Pindo - Carnota), o supermercado As Cruces (Caldebarcos - Carnota) e a área recreativa do Fieiro (Mazaricos) para atoparse na laxe da Moa (o pico máis alto do Monte Pindo). Anímase a levar calquera peza de roupa de cor verde para devolverlle entre tod@s @s participantes a vida ao monte onde, tralo lume, só queda morte, cinzas e desolación.
- "UNINDO EXPERIENCIAS" I SEMINARIO EUROPEO DE EDUCACIÓN E COMUNICACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE os días 27, 28 e 29 de setembro. Este encontro ten como obxectivo desenvolver alianzas e accións europeas e intercambiar experiencias no campo da Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, co fin de asentar unha base sólida para futuras colaboracións entre os países implicados, iniciando aquí unha cooperación europea. O Seminario levaranse a cabo no Complexo do Corgo en Muíños, que está situado no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Máis información en [email protected] e Telf.: 668 874 900
- Seminario sobre Recuperacion, Xestión e Aproveitamento de Bioresiduos e da Biomasa o 26 de septiembre no salón de actos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Pº de Infanta Isabel 1 (metro Atocha). Madrid. Para inscripcións enviar un correo a [email protected] indicando nome, nº de DNI e organización ou entidade á que pertence.
- Seminarios “Unindo experiencias: Ciencia e saber popular nos Ancares Leoneses” os días 27 e 28 de setembro a celebrar na Reserva da Biosfera dos Ancares Leoneses (RBALE). Máis información aquí.
- I Certame de relato curto sobre agrocombustibles, crise enerxética e soberanía alimentaria “Cando os cultivos alimentan coches” organizado por Ecoloxistas en Acción. Máis información premendo aquí.
- I Concurso de Fotografía MentalizARTE organizado por Xaruma. Máis neste enlace.
8. Feiras
- Cada martes, Mercado da Terra na Praza de Abastos de Lugo
9. Cursos
- Enxeñería sen Fronteiras abre a inscrición aos cursos on line que organiza cada ano. Este 2013, pon en marcha catro formacións: a) Xestión de Proxectos de Cooperación Internacional de base tecnolóxica, b) Auga e Desenvolvemento Humano, c) Proxectos de abastecemento de enerxía en zonas rurais e d) Incidencia Política. O prazo para matricularse remata o 20 de setembro. Neste enlace máis información.
- Hegoa organiza o curso semipresencial "Educación emancipadora. Acción e transformación na sociedade global". A matrícula para inscrición xa está aberta e o número de prazas é limitado. Aquí o programa e máis información.
10. Ofertas de emprego
- Técnica de sensibilización para a Fundación Vicente Ferrer
11. Apoios
- Por unha nova política forestal que evite os incendios en Galiza. Asina aquí
- Australia. O berro dos koalas. Saber máis
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |