Taboleiro
|
1. I Outono das Artes Sociais A Cova da Terra
O I Outono das Artes Sociais da Cova chega á súa fin e imos facelo por todo o alto, cun concerto dobre e degustación de produtos do comercio xusto, ecolóxicos e galegos!
O día 19 de decembro as músicas de Sés e Germán Díaz farán que A Cova da Terra chegue á maioría de idade danzando con aires de revolución, festa, xustiza, cambio, alegría e solidariedade!
Porque van 18 anos e queremos que sexan outros tantos, ao voso carón, co voso traballo, ganas e forza.
Porque a Cova ten eco para facer soar todas as voces que berren contra as inxustizas e a prol dun mundo mellor, dun sistema alternativo e cunha sociedade participativa.
Porque todas merecemos festexar que aínda seguimos aquí e que seguiremos por moito tempo máis!
É por iso que vos agardamos ver a TOD@S o xoves 19 ás 20.30 hr no Salón de Actos do I.E.S Lucus Augusti.
As entradas están á venda no local da asociación en horario de 9.30 – 14h e 17 – 20.30h na rúa Nóreas, 12 ao prezo de 7 €. Non quedes sen a túa!
2. O recuncho do asociad@
- Lucía mándanos este artigo no que se fai un breve repaso das 10 corporacións máis malas malísimas do mundo (e ningún nome nos colle de sorpresa...). Ler aquí.
- Santi comparte a súa indignación suscitada polos banqueiros españois máis ricos... Ler.
- O Banco de Tempo de Lugo anímate a achegar á Cova xoguetes que xa non precises (e que estean en bo estado) para colaborar coa asociación Lóstregos que fará entrega dos mesmos o día de Noiteboa, como leva facendo xa uns cantos anos, para que no Nadal non quede ningún cativ@ sen agasallo.
- Amaia informa de que se está a constituír en Lugo un grupo de consumo de peixe pescado responsablemente. Se estás interesad@ en formar parte do mesmo, escribe a [email protected]
3. Novas da tenda
- Ofertas
Descontos dun 10% (consumo preferente: nov 14):
Algas deshidratadas en pó de Porto Muíños (dulse, kombu, nori, wakame, espaguetti de mar...)
Altercafé chiapas 1 kg en grao
Espiral tomate albahaca 500 gr Castagno
Gominolas piña bio
Paté oliva negra Allos
Paté pemento, xenxibre e allo de Allos
Patacas fritidas xirasol
Tortas 2 ud millo choco Pasteco
Tortas 2 ud. arroz choco Pasteco
Descontos dun 20% (consumo preferente: dec. 13):
Requeixo Ánxel 225 g
Cervexa sen alcol 33cl Riedenburger
Hamburguesa xardiñeira natursoy
Queixo vaca do Cantero del Letur
Zume arandos sen azucre 200 ml de Los Arándanos
Marmelada arandos e framboesa de Los Arándanos
Ceboliñas Machandel
Codini Porro Castagno
Espiral millo Castagno
- Novidades
Como sempre por estas datas temos na tenda produtos propios do Nadal (ecolóxicos e de comercio xusto): Turróns de chocolate e arroz, améndoa ou abelás, o clásico duro e brando, panettone, piña enlatada en rodas, noces, orellóns, figos... e variedade de polvoróns, mazapáns e moitos outros doces a granel.
E lembrade que tamén temos os calendarios, axendas e xogos de Ekilikua.
- Produto fresco
CHEGADA A TENDA |
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
LUNS pola tarde |
Aguacate Hass |
Andalucia |
|
Granada |
Valencia |
|
Pera conferencia |
Navarra |
|
Plátano |
Canarias |
|
Apio |
Navarra |
|
Cabaciño |
Andalucia |
|
Cenoria |
Italia |
|
Lombarda |
Navarra |
|
Pemento vermello |
Murcia |
|
Pemento verde |
Murcia |
|
Pemento fritir |
Murcia |
|
Porros galegos |
Lugo |
|
Tomate praza |
Andalucia |
|
Tomate Raf |
Andalucia |
Xa en tenda |
Caqui |
Valencia |
|
Laranxa |
Valencia |
|
Mandarina |
Valencia |
|
Allo morado |
Navarra |
|
Cabaza galega |
Lugo |
|
Cebola galega |
Lugo |
|
Limón galego |
Ribeira |
|
Mazá galega |
Ortigueira |
|
Remolacha |
Navarra |
|
Pataca Nova Galega |
Begonte |
|
Xenxibre |
Perú |
|
Kiwi galego |
Nadela |
|
Noces |
Chantada |
|
Améndoas con casca |
Aragón |
4. Kandaharia
- A reVolta. Artigo de Gustavo Duch
- A cara oculta do gasto militar. Informe do Centre delàs d’estudis per la Pau. Justícia i Pau
- Un menú con alimentos kilométricos para Nadal. Artigo de Esther Vivas
6. Actividades en Lugo
- 13 e 14.12.2013 I xornadas da MÚSICA NAS ARTES: historia, cinema, literatura e educación. Organiza Nova Escola Galega. Toda a información aquí.
- 14.12.2013 Obradoiro “Coñece o teu contorno” de ADEGA para nenos e nenas ribadenses de 6 a 12 anos, a celebrar na Casa da Ría (Monte de Santa Cruz) de 12 a 14hr. Inscricións aquí.
- Actividades en decembro de colectivos amig@s: Vagalume C.S preme aquí e Mádia Leva L.S e aquí.
7. Actividades fóra de Lugo
- 15.12.2013 cadea humana baixo o nome de OS CARTOS DE TODAS PARA TODAS que sairá da parroquia Cristo da Vitoria (R/Baiona, 9) Vigo reclamando orzamentos xustos. Será ás 13.15hr.
8. Apoios
- Á miña irmá suicidárona, ao meu pai, onte, acoitelárono. Desaparécennos dun en un. Para aumentar o seu todo rouban a nosa nada. Máis
- Conta solidaria de NUNCA MÁIS. Aquí
9. Faino ti!
Receita de Licor Café (para quentar gorxas e bandullos nestes xélidos días)
Nunha pota poñemos a ferver 3 litros de auga ou zanganilla con 4 KG de azucre.
Cando empeza a ferver a bótanselle 4 paquetes, de 250 gramos cada un, do café natural que máis che guste (pero ecolóxico e do comercio xusto, por suposto!).
Ao romper a ferver de novo apágase e déixase arrefriar. Deseguido engadeselle á mezcla 7 litros de augardente e déixase macerar ao longo de 15 días remexendo a diario.
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |