Taboleiro
|
1. ACTIVIDADES DA COVA
En abril, apaga e vámonos!
Despois do exitoso encontro do venres pasado no que presentamos a “Guía para o descenso energético da Galiza” e do que haberá algún exemplar á venda na Cova da Terra, continuamos a andaiana o venres 25 de abril. Tamén ás 20hr. Nesta ocasión estarán con nós as compañeiras de ADEGA para falarnos sobre o FRACKING, logo veremos o documental: LA SOMBRA DEL FRACKING e despois, coloquio.
Agardámosvos o venres 25 ás 20hr!
- Lucía mándanos unha entrada do blog PENSALEANDO, baixo o título: sociofobia. Ler aquí.
- Marta busca un atril-soporte para un ordenador portátil, se hai alguén que o teña e non o use e ten a ben cederllo, que lle escriba a [email protected].
- Na Cova andan faltas de caixas de ovos así que se tedes na casa xa sabedes onde as queren!
Lembrade os cambios por mor da Semana Santa:
O produto fresco (horta e froita) chega o luns pola tarde e martes pola mañá.
Os lácteos que chegarán o martes.
O reparto a domicilio desta semana non se ve afectado
Para a vindeira semana (21 de abril) as modificacións son:
O produto fresco: martes pola mañá, mércores pola tarde e xoves pola mañá.
Non haberá reparto a domicilio.
Ademais:
- O martes 15 de abril volven os bolos, pan e galletas de castaña do Sequeiro da Portela.
- Os/as que fagades pedido de carne de Chotoiba, tedes ata o martes 15 para pedir.
CHEGADA A TENDA |
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
LUNS pola tarde |
Kiwi |
Euskadi |
|
Mazá golden |
Navarra |
|
Mazá starking |
Navarra |
|
Pera decana |
Navarra |
|
Plátano |
Canarias |
|
Apio |
Murcia |
|
Berenxena |
Navarra |
|
Brécol |
Murcia |
|
Cabaciño |
Navarra |
|
Cabaza |
Valencia |
|
Cebola |
Navarra |
|
Cenoria |
Andalucia |
|
Champión |
La Rioja |
|
Espárrago verde (kg) |
Navarra |
|
Leituga Batavia |
Navarra |
|
Leituga Folla Roble |
Navarra |
|
Pemento vermello |
Murcia |
|
Pemento verde |
Murcia |
|
Remolacha |
Navarra |
|
Seta Shii-take |
Navarra |
|
Tomate Negro |
Andalucia |
|
Tomate Plaza |
Andalucia |
MARTES pola mañá |
Acelga |
Valdoviño |
|
Brécol |
Valdoviño |
|
Espinaca |
Valdoviño |
|
Leituga Batavia |
Valdoviño |
|
Porro (manoxo 3ud) |
Valdoviño |
|
Repolo |
Valdoviño |
Xa en tenda |
Laranxa |
Valencia |
|
Allo Morado |
Castela La Mancha |
|
Limón galego |
Ares |
|
Pataca Galega |
Begonte |
|
Xenxibre |
Perú |
|
Pistacho tostado |
Castela La Mancha |
- FUMEADOS. Unha denuncia sobre a práctica de incineración nas cementeiras españolas, empresas con demasiados (e nocivos) fumes.
- BACK TO THE START: Vídeo animado que nos lembra de xeito sinxelo cara onde deben ir os nosos pasos.
- ECOSISTEMA COLABORATIVO. Pasado e futuro da economía?
- 26 e 27/04/2014: Educación emocional. Saber acompañar e nutrir as necesidades emocionais na infancia e adolescencia. Con Isabel Fuster Rapezza. Será no Galén Centro Educativo. Para máis información chamar ao 982818852.
- 05/04 - 24/09/2014: LUGO DE PEDRA EN PEDRA. Proxecto de xeoturismo en Lugo. Todas as datas, obradoiros e información aquí.
- Actividades dos centros sociais no mes de abril: C.S Màdia Leva, Vagalume, Cultura do País e Carneiro Alado.
- 05/04 - 05/06: Roteiros patrimoniais e degustación ecolóxica. En Salceda de Caselas (Pontevedra). Toda a información aquí.
- 23/04/2014: Conferencia de Federico Mayor Zaragoza ás 12hr na Facultade de Educación da USC (Campus Sur, Santiago de Compostela).
- 21/04/2014. 1º Taller de horta ecolóxica en Abegondo (A Coruña). Máis
- Viaxes solidarias SODEPAZ. Información.
- 25/04/2014: I Concurso de receitas de cociña con peixe. O Canto da Balea. Saber máis aquí
- 08 - 23/04/2014: Curso básico sobre Cooperación para o Desenvolvemento, Acción Humanitaria e Voluntariado en Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD). A data límite de inscrición é o 22 de abril. Toda a información aquí.
- 02 e 03/05/2014: Curso de Iniciación á Fotografía da Natureza, no CEIDA ( Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) en Oleiros - A Coruña. Toda a información aquí.
- II Curso Virtual Internacional de Agroecoloxía. Todo aquí.
- Guinea. Epidemia de ébola. Axuda a freala. Campaña de Axuda en Acción.
- Crowfunding a prol da ILP pola Renda Básica Universal.
- Asina polos indíxenas aillados do Brasil. Campaña de Survival.
- Deteñan a marea de plástico. Campaña de Salva la Selva
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |