Charla da man de Pilar Galindo e Nerea Hernández membras do lonxevo colectivo feminista "Las Garbancitas" pertencente á cooperativa agroecolóxica "La Garbancita Ecológica" que defende un consumo responsable agroecolóxico, autoxestionado, popular e cooperativo en defensa da seguridade e a soberanía alimentaria para todas as persoas e todos os pobos fronte a mercantilización, industrialización e globalización dos alimentos.
Nunca houbo tanta preocupación pola comida, nin tanta inseguridade alimnetaria (fame, obesidade e outras enfermidades alimentarias) provocadas por unha alimentación industrial e globalizada. Inseguridade alimentaria e pobreza afectan especialmente ás mulleres. La Garbancita Ecológica, proxecto de economía social, integrado por mulleres e homes, impulsa o consumo responsable agroecolóxico como condición para a seguridade e soberanía alimentaria. Unha alimentación ecolóxica, de tempada, respectuosa coa vida digna no campo é inseparable co reparto do traballo de coidados entre homes e mulleres, no campo e na cidade. "Las Garbancitas" chegan ao ecofeminismo investigando as relacións de subordinación das mulleres aos homes e da natureza á cultura que, aparecendo como algo natural, reproducen explotación e desigualdade. Avanzan na igualdade e na soberanía alimentaria mediante a innovación, cooperación, formación, comunicación social e educación alimentaria. Promoven unha abordaxe conxunta dos problemas que afectan á alimentación, ás mulleres e á natureza".
free viagra
http://cheap5v.com/ , For Women Herbal in Garland .