Cartel II Xornadas sobre Economía Alternativa

A Economía Alternativa e Solidaria un movemento nacido fóra das grandes institucións, tanto económicas como políticas, que se caracteriza por ser un conxunto aberto de espazos micro-sociais, empresas, actividades, asociacións, etc. que traballan por un obxectivo común: construír unha economía baseada nas persoas, que non teña como obxectivo a xeración de beneficios para o lucro persoal, senón que responda ás necesidades da poboación.

Dende A Cova da Terra creouse unha lista de correo-e de economía alternativa, que esperamos que sirva de intercambio de coñecementos, propostas e ideas para a posta en práctica de novas iniciativas. Se queres apuntarte envía un correo indicándoo ao seguinte enderezo:

[email protected]

Para máis información, na sección de documentos tes algúns relacionados con este tema. Así mesmo podes cosultar unha serie de páxinas web interesantes.