Propoñémosche unha modalidade de apoio á Cova da Terra, que non che suporá ningún gasto extra e que che ha dar certas vantaxes.
Asociarte supón darlle un pulo ó proxecto mediante un pago mensual adiantado por conta da túa compra.
A cota mínima é de 30 euros mensuais que utilizarás integramente nas túas compras, coa vantaxe entre outras, de teres un 5% de desconto en todos os produtos da tenda.
@s asociad@s teñen dereito a participar nas asembleas da asociación con voz pero sen voto.