Taboleiro
|

LANGOSTINO TROPICAL: UNHA INDUSTRIA INSOSTIBLE
Ecoloxistas en Acción lanza unha ciberacción, xunto coa Coordinadora Nacional para a Defensa do Ecosistema Manglar (C-CONDEM) de Ecuador, en contra da comercialización de langostinos procedentes dunha industria insostible que esta acabando co sustento de moitos pobos e que ameaza a diario a vida de homes e mulleres.
A entidade ecoloxista publica tamén a "Guía de consumo responsable de mariscos" que procura dar unha visión xeral sobre o consumo dos mariscos "de corpo alongado" mais apreciados no Estado español: langostinos, gambas, cigalas, bogavantes e lagostas, dando información e opcións para un consumo máis responsable. Hai moitas razóns de peso polas que debemos eliminar ou limitar ao máximo, o seu consumo.
Ciberactúa e amosa o teu apoio á causa!
Temos previsto que chegue:
Gumendi:
Aguacate, Limón, Mazá Golden, Mazá Royal Gala, Pera conferencia, Piña, plátano, alcachofa, apio, brécol, cabaciño, coliflor, Leituga Batavia, Leituga Folla de Roble, pemento vermello, porro, remolacha, seta shiitake, tomate e cenoria.
Fernando:
Espinaca, Escarola, Brécol, Canónigos e Rúcula
Tamén temos: Abelá do País con casca, Cabaza Okaido da Pontenova, Cabaza do País, Cebola do País, Kiwi de Negueira, Laranxas e Mandarinas de Valencia, Noces do Caurel, Patacas Galegas, Pataca vermella de Carnota, Pomelo e Olivas de Portugal.
As normas do reparto a domicilio son: a data tope para recebir os pedidos son os luns ás 14 horas, que nos mails tendes que especificar cando sexan para reparto. Que as condicións para facer reparto a domicilio son un pedido mínimo de 20 € para asociad@s e de 30 € para non-asociad@s. O reparto fai-se de 13.00 a 15.30 aproximadamente, tentade estar na casa e no caso de non ser posible, poñede-vos en contacto con nós para buscar a mellor solución posible. Agardamos poder seguir a mellorar o servizo para beneficio de tod@s.
Pementos recheos de tofu
Ingredientes:
4 pementos vermellos
1 cebola picada
1 ramiña de apio
100 gramos de tofu
50 gramos de aceitunas negras picadas
Pementa negra recén moída
Media culler pequena de curri
50 gramos de pan integral desmigaxado
Un feixe de queixo parmesano relado
1 cullerada de aceite
Como se fai:
Os pementos recheos poden servirse cun mollo de curri, de fungos ou de tomate. Este prato podemos completalo con arroz integral ou cunha ensalada de verduras crúas ou cocidas. Córtase a parte superior dos pementos, elimínanse as sementes e membranas internas e cócense ao vapor durante 10 minutos, ata que queden tenros. Trituramos o casquete superior dos pementos e dourámolos en aceite xunto coa cebola e o apio (tamén triturados), ata que queden brandos. Mistúrase o tofu, o queixo, as aceitunas e as especias, xunto coas hortalizas que acabamos de dourar. Énchense os pementos coa mistura. Colócanse nunha bandexa para forno e espolvoréase co pan desmigajado, o parmesano relado e o aceite. Déixase cocer ao forno durante uns 30 minutos a unha temperatura de 170 ºC.
Bo proveito!
FSC convoca dúas vagas de emprego: Responsable de Proxectos e Técnico para a súa delegación de Galicia.
Adxuntamos nos anexos os requerimentos para ámbalas duas vagas. Que haxa sorte!
FSC España engloba, baixo o principio fundamental da participación transparente e equilibrada, preto de 150 organizacións comprometidas co uso responsable dos ecosistemas forestais, entre eles, organizacións ecoloxistas, de comercio xusto, de consumidores, sindicatos, propietarios forestais, empresas nacionais e multinacionais, PYMES e cooperativas, investigadores e profesores universitarios organizados en tres cámaras (Ambiental, Social e Económica). Polo amplo apoio que recibe, FSC é o sistema de certificación que ten maior demanda no mercado.
FSC España é a delegación española do Forest Stewardship Council, a organización internacional.
| Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |