Taboleiro
|

Os vindeiros domingos, 15 e 22 de xaneiro, o fotógrafo Pedro Municio impartirá un curso intensivo de fotografia dixital no local da Cova da Terra. O curso esta pensado para calquera cámara dixital que permita axustes manuais. Aprende a controlar a túa cámara de fotos! Reserva xa a túa praza!
Para máis información preme aquí.
Está na Cova, para a vosa consulta, o novo número da revista “Soberanía Alimentaria. Biodiversidade e Culturas”.
O que temos previsto que chegue é:
Gumendi:
Aguacate, Chirimoia, Mango, Mazá Golden, Pera conferencia, Plátano e Pomelo.
Alcachofa, Allo, Apio, Brécol, Cabaciño, Coliflor, Leituga Batavia, Leituga Folla de Roble, Pemento vermello, Porro, Seta shiitake, Tomate e Cenoria.
Fernando:
Espinaca, Escarola, Brécol, Canónigos e Rúcula
Tamén temos: Abelá do País con casca, Apio Raíz, Cabaza da Pontenova, Cabaza do País, Cebola do País, Kiwi de Negueira, Laranxas de Valencia, Limón de Riveira, Noces do Caurel, Patacas Galegas, Olivas de Portugal, Remolacha e Xenxibre.
As normas do reparto a domicilio son: a data tope para recebir os pedidos son os luns ás 14 horas, que nos mails tendes que especificar cando sexan para reparto. Que as condicións para facer reparto a domicilio son un pedido mínimo de 20 € para asociad@s e de 30 € para non-asociad@s. O reparto fai-se de 13.00 a 15.30 aproximadamente, tentade estar na casa e no caso de non ser posible, poñede-vos en contacto con nós para buscar a mellor solución posible. Agardamos poder seguir a mellorar o servizo para beneficio de tod@s.
Lentellas guisadas ao estilo da India
Ingredientes para 4 persoas:
- Lentella pardiña (1 feixiño por persoa)
- 1 cebola
- Zume de un limón
- 1 cullerada de guinda verde picada
- 1 pemento verde
- 2 dentes de allo
- 1 rama de canela
- 6 gr de cardamomo
- 6 clavos
- 2 tomates grandes ou 2 cazos de tomate triturado
- 1 porro
- 2/3 cenouras
- Pementón
- 4/5 culleradas de aceite de oliva
- Sal e pementa
- Perixel
- Auga
Preparación:
1. Quentamos o aceite na tixola e engadimos as especias, a cebola picada, o allo, pemento e demais ingredientes. Frítese todo lentamente ata que estea douradiño.
2. Engádense as lentellas crúas e reméxese bem para que collan o sabor da fritura.
3. Nunha pota, poñemos auga a ferver e engadimos nela o preparado da tixola. Salamos ao gusto e deixamos que coza ata que as lentellas estean listas.
4. Antes de servir, engádeselle ao guiso o zume dun limón.
5. Pódese acompañar o guiso con arroz (que prepararemos aparte e xuntaremos ás lentellas ao servir), ou se prefires, con patacas cocidas engadíndolles un chisco de pementón (as patacas pódense adxuntar cando cocen as lentellas ou tamén cocelas aparte).
Documental de Hubert Dubois, producido por Cinétévé e emitido o pasado día 13 de decembro, no programa de TVE2 "La noche temática" sobre consumo desmedido.
Nos anos 80 comenzou a desenvolverse o Comercio Xusto nos pequenos comercios e tendas concienciadas coa axuda aos máis pobres. Os produtos “xustos” fóronse instalando nos corredores das grandes superficies, e agora non só os vemos en algunha balda illada, senón que hai seccións enteiras dedicadas a eles. Os consumidores pagan un pouco máis para que o pequeno produtor gañe un pouco máis pero…. Cal é a contribución financieira do grande distribuidor? Realmente a venta destes produtos beneficia aos agricultores pobres para os que se supón que van os beneficios obtidos?
"As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor". Este é o lema do 2012, “ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS", como recolle este vídeo da Organización Internacional do Traballo (OIT). As cooperativas antepoñen as persoas ao lucro, fortalecen as súas economías e xeran 100 millóns de empregos.
Toda persoa nace altamente capacitada para desenvolver a súa creatividade e toda persoa precisa facelo en algún ámbito da súa vida.
Toda sociedade nace altamente capacitada para a autosostibilidade e a soberanía global e toda sociedade debería traballar por acadala na súa maior medida.
Consome aquelas cousas producidas preto de ti, por xente que coñeces, por mans amigas. Consome de xeito social e xera postos de traballo. TRANSFIRE O EU CONSUMO.
Vídeo: Ver .
Fonte: REAS
Se clicas no seguinte enlace, descargarás a revista en pdf.
v Terapia en grupo de ACAAEC
A Asociación Cultural de Axuda a Enfermos Crónicos informa de que fan reunións de terapia de grupo tódolos martes de 18.30 a 20.30 h no lug2 (Rúa Pintor Corredoira, nº 4) destinado a enfermos de cancro, esclerose múltiple, lupus eritematoso e a calquera outra persoa queira achegarse, incluídos coidadores. Para máis información podedes poñervos en contacto con Eliseo no seguinte enderezo electrónico: [email protected]
v Contra a apertura do CENTRO EXPERIMENTACIÓN ANIMAL USC/XUNTA LUGO
Cada martes celébrase unha reunión no “Mesón do Mar” (Prz. Catasol, dentro do aparcadoiro e detrás do edificio azul de San Roque) co obxectivo de concentrar ideas a fin de evitar a apertura dun Centro de Experimentación Animal en Lugo.
O tema a tratar mañá, día 10, é redactar un documento formal para solicitar a información posible do proxecto completo do Centro de experimentación á Xunta e á UDC. O documento resultante da reunión de mañá será enviado ás asociacións e entidades que estean interesadas en asinalo.
Se estás interesad@ non dubides en asistir ás reunións e se non podes, amosa o teu apoio difundido a plataforma.
| Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |