Taboleiro
|

Ben querid@s compañeir@s, un ano máis comeza e dende a Cova queremos agradecervos que manteñades o vínculo que vos une a nós e promover o seu reforzo, se cabe. Dándolle voltas ao maxín pensamos que sería unha boa idea abrir un espacio voso e para vós nos boletíns semanais:
“O recuncho da Cova”.
Nel poderedes incluír todo o que queirades compartir co grupo de persoas que conformamos a grande familia que é a Cova da Terra, tales como avisos, anuncios, trocos, peticións, novas, información, etc. A idea é que saquemos proveito desta comunidade de persoas que demos en xuntarnos aquí.
Polo tanto, se estades interesad@s en colaborar do xeito que mellor vos pareza, nesta nova sección do Boletín, só tedes que enviar un correo a: [email protected] e poñer no asunto: O recuncho do Asociad@.
Estamos desexando saber canto podedes aportar!
“O recuncho da Cova”
¨ Ruco proponnos que participemos nunha iniciativa que reclama que parte dos nosos impostos se dediquen a fins científicos. Se queres apoiar: dálle!
¨ Marta anímanos a participar de xeito activo en contra das cacerías do raposo cuxos campionatos comezaron esta fin de semana e se sucederán nas vindeiras... para máis información: Matar por matar non
A Cova da Terra, xunto coas asociacións galegas Árbore, A Xoaninha, e Panxea editou a fins do 2011 unha banda deseñada baseada no comercio xusto, baixo o debuxo e guión de Iago Araújo. Que é o comercio xusto? É o título que da nome á este material que se distribuirá de xeito totalmente gratuíto a tod@s vós. Con este traballo pretendemos achegar ao público o por que da necesidade dun comercio e consumo responsables.
Achegádevos tamén polo voso caderno de consumo responsable, comercio xusto, soberanía alimentaria e finanzas éticas que na mesma liña do noso, acaba de editar a Asociación Canaria de Economía Alternativa chamado: Apuntes para OTRA ECONOMÍA POSIBLE. Tamén nesta ocasión, entregarémosvos un exemplar a cada socio ou asociado de xeito gratuíto.
Achégate a recoller o teu exemplar de cada!
¨ Temos previsto que chegue o luns 16 de Gumendi:
Aguacate, Limón, Mazá golden, Mazá ganny smith, Pera conferencia Piña e Plátano.
Alcachofa, Apio, Berenxena, Brécol, Cabaciño, Lombarda, Coliflor, Xenxibre, Leituga Batavia, Leituga Folla de Roble, Pemento vermello, Pemento verde, Porro, Seta shiitake, Tomate e Cenoria.
¨ O martes 17 de Fernando:
Espinaca, Escarola, Brécol, Rúcula e Canónigos.
¨ Tamén temos: Abelá do País con casca, Allo, Cabaza da Pontenova, Cebola do País, Kiwi de Negueira, Laranxas de Valencia, Noces do Caurel, Patacas Galegas, Pomelo, Olivas de Portugal e Remolacha.
Visita tamén a nosa tenda en liña
Cuscús tradicional de Tunisia
v Os documentais de AGARESO
Dentro do acordo acadado entre AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e a CRTVG, mediante o que AGARESO cede gratuitamente os dereitos dos seus documentais para a súa emisión en diferentes canles da televisión pública galega, proxectouse o pasado venres o documental “Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do Comercio Xusto” na segunda canle da TVG (tvG2), elaborado en Ecuador e coa colaboración de Amarante e a Xunta de Galicia. “Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do comercio xusto” pretende analizar o proceso de cambio que, grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional, entre ela a galega, se produce nas comunidades agrícolas ecuatorianas, permitindo unha maior igualdade de oportunidades, unha mellora das condicións de vida das clases máis baixas e avanzar cara unha equidade de xénero real.
Nas próximas semanas emitiranse outros dous documentais de AGARESO, “Non che doe”, gravado en diferentes comunidades rurais de Nicaragua; e “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, rodado en El Salvador, Nicaragua e Honduras, e premiado recentemente pola Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
| Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |