Taboleiro
|

o Xan pídenos que asinemos na web de Actuable para que Google dedique o seu Doodle do 17 de maio ás nosas letras galegas. Se tamén che parece boa idea, accede para asinar.
o Unha das nosas socias anímanos a asistir ao Obradoiro de Úteros que se celebrará os vindeiros 11 e 12 de febreiro no Corgo (Lugo). Máis información no pdf adxunto.
o Sabes o que comes? Achégannos este documental no que se amosan os benefícios dunha dieta vegana. Por unha alimentación consciente na que non se dane a ninguén. Se che apetece ver o vídeo, clica aqui.
o Xa podes descargar o Eco-book “A simple idea” (Ideas ecolóxicas para salvar o planeta). Preme aqui.
o Desobediencia civil contra o canon da auga! Xa! Fagámola masiva! Infórmate e espalla!
Pásate polo número 166 do xornal Diagonal que xa temos na Cova, do que estacamos os seguintes artigos:
o Os mercados como escusa para reducir as liberdades civís
o Exipto, o feminismo dende a revolución
o As dúas caras das empresas pesqueiras
O que temos previsto que chegue
Luns 23 de Gumendi é: Aguacate, Limón, Mazá starking, Pera conferencia, Plátano e Pomelo.
Allo, Alcachofa, Apio, Berenxena, Brécol, Cabaciño, Coliflor, Leituga Batavia, Leituga Folla de Roble, Pemento vermello, Pemento verde, Porro, Seta shiitake, Tomate e Cenoria.
Martes 24, de Fernando: Espinaca, Repolo, Coliflor, Brécol e Rúcula.
Tamén temos: Abelá do País con casca, Cabaza cacahuete Galega, Cebola do País, Laranxas e Mandarinas de Valencia, Noces do Caurel, Patacas Galegas, Olivas de Portugal e Remolacha.
E lembra que tes á tua disposición a tenda en liña!
O xeito máis cómodo de mercar na Cova e estar á última nas novidades que nos chegan!
Tofu caramelizado con verduras
Velaí un prato sinxeliño de facer, con alimentos de temporada e para dúas persoas. Bo proveito!
Ingredientes
¨ 1/2 pemento vermello (en cubos)
¨ 1 cabaciño (cortado en cubos pola metade)
¨ 1 berenxena (cortada a tiras)
¨ 1 cebola (cortada a medias lúas)
¨ 4 feixóns verdes cortados
¨ 150gr de tofu fresco (cortado en dados medianos)
¨ 6 culleradas de xarope de mazá
¨ Aceite de oliva
Como facelo
1. Dourar o tofu na tixola cun pouco de aceite de oliva. Engadir o xarope de mazá e remexer ben, ata que chupe todo o líquido (botar un pouco de auga se é preciso).
2. Mentres, saltear todas as verduras con aceite de oliva e sal, durante 7 minutos.
3. Mesturar as verduras co tofu e servir. (Botar un chorriño de limón a quen lle guste)
v Baixar por tobogáns… Pensa-mento 79: Os bancos custodian diñeiro, os rexistradores inscriben propiedades e os soldados [con canóns] protexen hectáreas, quilates e dividendos. Somos fillas e fillos da sociedade do acumular e contabilizar. Que tal se, matematicamente falando, empezamos a levar contas de amizades correntes e extraordinarias; censos de días placenteiros e inventarios de horas sen nada que facer? Bens infinitos e inesgotables que nos transportarían da sociedade do Ter á do Ser. Pensa-mento 80: Os avances que chegan para o campo –penso- son, gramaticalmente falando, enganosos. Encher boas terras con paneis solares denomínase facer ‘hortos solares’ pero non medra nada que comer. Rachar montes con camiños de alcatrán para instalar en fila india muíños de vento, é crear ‘vías verdes’ e construír ‘parques eólicos’. Pero no hai nenez en bicicleta nin baixando por tobogáns.
Para ler máis de Gustavo Duch ou saber do seu novo libro de contos protesta: “Sen lavar as mans. Contos para antes de comer”.
v Pólos fillos dos teus fillos: Campaña de concienciación da poboación sobre a crise enerxética actual e as súas posibles solucións. Máis que contra-publicidade fronte á campaña de Endensa (do mesmo nome), os obxectivos son informar, o que se fai de xeito resumido e destacando os puntos máis importantes, facendo fincapé no aforro. Aprovéitase o eslogan de Endesa “polos fillos dos teus fillos” mediante preguntas acompañadas de fotografías impactantes que axuden ao lector a reflexionar. Ir á páxina.
v A Sociedade Cultural Màdia Leva! muda de centro social, comeza pois unha nova etapa deste proxecto, igual de cargada de ilusións, novas ideas e proxectos á que animamos a participar. Todo este inxente traballo vai requerir de todas as colaboracións posibles polo que animamos a que cadaquen axude ou colabore da mellor maneira que vexa. Por todo isto convócase umha asemblea aberta para a próxima segunda-feira (luns), dia 23 de xaneiro, às 20h 30, no nº 18 de Serra de Ancares, co propósito de que se achegue à xente a coñecer o novo local e a aportar ideas e colaborar nesta nova etapa que axiña comeza.
v A Masa Crítica de Lugo está de aniversario. Alá por xaneiro de 2008 realizouse en Lugo a primeira "coincidencia organizada" de ciclousuarios que dando un paseo en bicicleta pola cidade reivindicaban o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, co obxectivo de facer da mesma un espacio máis humano, sen ruídos nin contaminación. E así mes tras mes, alí na Praza Maior (diante da Casa do Concello), os últimos xoves de mes ás 20:15 h., con sol, con choiva, con frio, con música, moit@s , con calor, sen música, pouc@s ,... sempre se celebrou o evento cun obxectivo común: OUTRA MOBILIDADE POSIBEL. E así seguiremos. O vindeiro xoves (é último de mes) temos Masa Crítica en Lugo (xa sabes, 20:15 hs. na Pza.Maior). A ver se nos xuntamos un bo grupo e o celebramos o asunto como merece. E a grande celebración reservámola para o dia seguinte (venres 27) cunha cea-aniversario no Mesón do Forno (Rúa Río Ser, 12) ás 21:30 hs. Como se agarda unha masiva presencia (dos que foron o ano pasado non fallará ninguén, máis @s habituais ás masas que non poideron ir o ano pasado, máis @s non habituais, máis... quen lle apeteza), para organizalo un pouco envía un correo a [email protected]antes do xoves confirmando a asistencia. Se non vas, arrepentiraste, pasarémolo ben. OUTRA MOBILIDADE NON É POSIBEL, É NECESARIA!
v Presentación do libro: “El límite del potencial humano” de Iago Santalla e Manuel Rivero. Hoxe, día 23 de xaneiro ás 18.00 h. no Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”. Organizado polo COGAMI e a Concellería de Benestar Social do Concello de Lugo.
v A Xunta porá en marcha en 2012 o programa de Voluntariado Dixital para apoiar a integración da cidadanía galega na sociedade da información. Máis información.
- O mes de xaneiro estará adicado ó tema da BELEZA, así que vos ofertamos un TALLER DE COSMÉTICA ECOLÓXICA a fin de semana do 28-29, onde aprenderedes a elaborar productos naturais sen nengún tipo de componentes químicos e a utilizar as prantas dacordo co voso tipo de pel. Este novo curso será impartido por Aurora Calviño Costas, bióloga.
- O mes de febreiro estará adicado ó tema da SAÚDE, así que vos ofertamos un curso de INICIACIÓN Ó AYURVEDA a fin de semana do 18-19, no cal vos daremos a coñecer a Filosofía Ayurvédica e determinaredes con detalle a vosa constitución dóshica. Este curso será impartido por Enrique Banet, especialista en Ayurveda. Na fin de semana do 25- 26, o curso de AXUDA E REFORZO DO SISTEMA INMUNE onde aprenderedes a elaborar prata coloidal, traballaredes con magnetoterapia e estudiaredes os beneficios da auga do mar. Este curso será impartido por Luis Alberto Fernández Viz, magnetoterapeuta, quiropráctico, quiromasaxista e técnico acupuntor.
- O mes de marzo estará adicado ó tema do FOGAR, así que vos ofertamos un TALLER DE COCIÑA INDIA a fin de semana do 10-11, no cal vos iniciaremos no traballo cas especias na cociña.
- E a fin de semana do 31- 1 abril, un TALLER DE ELABORACIÓN DE PRODUCTOS DE LIMPEZA ECOLÓXICOS onde aprenderedes sinxelas e baratas técnicas para a limpeza do voso fogar dunha maneira sana e ecolóxica.
Ollo! Neste trimestre tamén se realizan cursos de EFT, nas datas 21 de xaneiro, 11 de febreiro e 24 de marzo.
Prazas limitadas. Información e reserva na web , ou contactando ca coordinadora de cursos a través do mail [email protected] ou no teléfono 699154118.
v A tortura é inmoral, ilegal e un crime. Amnistía Internacional suxíreche que asines para que se faga xustiza con Maher Arar. Pincha aquí.
v S.O.S Parke Alkosa. Seguímosvos informando sobre a situación das e dos compañeiros do Parke Alkosa de Valencia (entidade de economía solidaria de Coop57 da que forma parte A Cova da Terra) e do almanaque coas vindeiras mobilizacións:
- O pasado 13 de xaneiro foron hospitalizadas dúas persoas que levaban semanas en FOLGA DE FAME. Trala súa hospitalización, unha nova persoa da campaña S.O.S. Parke reiniciou a folga de fame, esta vez con carácter indefinido, asinando un documento no que, amparándose no seu dereito a decidir como cidadán expresa a súa vontade de non ser hospitalizado nin recibir alimentación asistida, mentres dure a súa folga de fame.
- Seguen as mobilizacións motivadas polo non pagamento dos convenios e adxudicacións da Generalitat Valencià do exercicio 2010-2011 (máis de 300.000 euros) e o recorte orzamentario para o 2012. Para máis información. Blog
| Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |