Taboleiro
|

O que temos previsto que chegue o luns 30:
Gumendi:
* Froita: Aguacate, chirimoia, mazá golden, mazá starking, pera conferencia, pera decana, piña, plátano e pomelo.
* Outros: Alcachofa, Lombarda, berenxena, cenoria, seta shiitake,Tomate, pemento vermello e porro.
Fernando:
* Outros: Acelga, brécol, coliflor, espinaca, leituga batavia, repolo e rúcula.
Tamén temos: Abelá do País con casca, Cabaza cacahuete Galega, Cebola do País, Mandarinas de Valencia, Limón e Allos de Gumendi, Noces do Caurel, Patacas Galegas e Olivas de Portugal.
E lembra que tes á tua disposición a tenda en liña!
O xeito máis cómodo de mercar na Cova e estar á última das novidades que chegan!
¨ 30 de xaneiro. Dia da Paz. A construción social e educativa da cidadanía: dereitos humanos e cultura de paz
¨ Saberes ambientales e arquitectura popular. Ir ao artigo
¨ Asociación de Economía Social Briante ofrécenos catro vídeos correspondentes a unhas aulas do Máster de Cooperación ao Desenvolvimento do IIDL -Instituto Interuniversitario do Desenvolvimento Local- na UJI -Universitat Jaume I de Castelló-, impartidas en outubro de 2011 por Arcadi Oliveres i Boadella, economista catalán e un recoñecido activista pola xustiza social e a paz. Nelas exponse de xeito moi claro a situación mundial e as podemos facer, tanto no plano colectivo, como no persoal.
¨ Pacto polo Euro e perda da soberania: O 4 de Febreiro no Centro Xuvenil Abeiro da Coruña (Rúa Don Bosco nº 1). Ver aqui información
¨ A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (OCV) esta a desenvolver o programa de voluntariado “Aula de Cultura” no centro Penitenciario de Teixeiro (Curtis). Preténdese achegar ás persoas reclusas, actividades de ocio, creatividade, cultura e solidariedade, voluntariado e cooperación. As visitas son os sábados pola mañá, en horario de 10.00 a 12.00 h. Ademais a OCV anímavos a propoñer actividades a desenvolver no Centro Penitenciario nas seguintes datas: 11, 18 e 25 de Febreiro e 3, 10 17 de marzo. A actividade é altruísta máis a OCV comprométese ao traslado dos voluntarios ata Teixeiro.
Ollo! Neste trimestre tamén se realizan cursos de EFT o, 11 de febreiro e 24 de marzo. Prazas limitadas. Información e reserva na web, ou contactando ca coordinadora de cursos a través do mail [email protected] ou no teléfono 699154118.
¨ Radio Ecca achéganos información sobre os cursos (Proxectos Sociais gratuitos e Aula aberta, de pago) a desenvolver no primeiro trimestre do ano en Vigo.Ver os pdf anexos.
| Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |