Taboleiro
|

¨ Orlando de SOS COUREL infórmanos de que a Dirección da Estación Científica do Courel (USC) organiza o día 26 de maio (sábado pola mañá) unha ruta para limpar o camiño de Samos ao Courel. Dita actividade ten como obxectivo deixar perfectamente transitable o camino Real, entre o Alto da Pedra e Samos. Os 15 quilómetros repartiranse en tres tramos, e os voluntarios dividiranse en tres grupos (un para cada tramo). Para apuntarvos enviade un mail a [email protected] e informade das ferramentas que podedes levar (fouces, forcadas, desbrozadoras, motoserras, remolque de coche…) ou se acudiredes simplemente como peón raso con guantes de traballo J.
¨ Miguel anímanos a participar co “Colectivo os martes consumo 0” que propón que todos os martes de 22.00 a 22.30 fagamos un apagón eléctrico ata que baixen o I.P.C. É un xeito de protesta polos prezos abusivos.
¨ Nestor achéganos o cartaz sobre a concentración que se celebrará o 19 de maio ás 14.00 h no aparcadoiro da prisión de A Lama contra os abusos que parece que están exercendo os funcionarios sobre os presos.
¨ E se che dicimos que Ramón deixa o seu Citroen ZX Volcane 1.9 gasolina (Data de matrícula 1991) e coa ITV pasada ata decembro por só 300 €? Se estás interesad@ escríbelle a [email protected]
Houbo un problema co envío de produtos de Navarra polo que non chegarán ata o mércores pola tarde. Isto causa un trastorno enorme xa que o xoves é festivo. Despois de estudar detidamente como se presenta a semana decidimos o seguinte:
¨ Produto de Fernando (Valdoviño), virá unicamente o martes á mañá: Espinaca, acelga, chícharo, repolo, coliflor, leituga batavia, brécol, canónigos e rúcula.
¨ Produto de Gumendi (Navarra), virá unicamente o mércores á tarde: plátano, berenxena, cabaciño, esparrago verde, xudía, tomate, leituga batavia e cenoria.
4. Boletín Kandaharia
| Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |