Como cada mércores, seguimos cos cineforums. Hoxe tócalle a unha comedia dos anos 40. Unha marabilla.
Sinopse: Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Varsovia, durante a ocupación alemá. O profesor Siletsky, un espía ao servizo da Gestapo, está a piques de entregar unha listaxe co nome dos colaboradores da Resistencia. Joseph Tura, actor polaco e a súa muller, María Tura, tamén coñecida actriz, intentarán evitalo. Coa axuda dos actores da súa compañía, Joseph farase pasar polo cruento coronel Erhardt e por Siletsky para entrar no cuartel das S.S.